Project Description
As túas ideas feitas en Metal
Barandilla en Acero Inox
Para este proxecto traballamos con acero inoxidable 304L en redondo macizo de 20mm e con acabado mate.
Neste caso o material foi curvado mediante aplicación de calor. Houbo que deseñar un sistema de amarre mediante mecanización e fabricación de pernio roscado incorporado ó embelecedor, para obter un remate limpo, atractivo e de calidade. O encaixe das pilastras foi feito con unha entalladora para lograr un encaixe óptimo co pasamans.
O traballo foi bastante complexo no sentido de que as curvas obrigaban a manter unha exactitude nas medidas para que o acabado fose óptimo minimizando o tempo de realización, e polo tanto os custos.
Detalles do Proxecto
DATA
Xaneiro, 2018
TIPO DE PROXECTO
Comercial
CONTRATISTA
Cando S.L.